Publicidad:
Terra
La Coctelera

O DRAGÓN DAS TEBRAS

Hai moito tempo había un dragón que non deixaba ver o seu rostro, como habitaba no interior dunha montaña escura ninguén o vía. Moitos intentaran verlle o rostro, matalo e quitarlle os ollos para poder saber o que pensaba a xente, pero todos morreran no intento.Un día un neno chamado Derguín Gorión díxolle o deu pai:

-Padre creo que con la espada de fogo podo vencer o dragón das tebras-

-Está ben- dixo o seu pai.

E así Derguín partiu a loitar contra o dragón. Chegou a montaña e entrou, coa súa espada de fogo venceu o dragón. Despois quitoulle os ollos e dende aquel día Derguín sabe o que pensa a xente.

O REY DOS DRAGÓNS

Agora os dragóns xa non teñen un rei, pero antigamente os dragóns tiñan un rei, chamábase Gorak.

Gorak era un dragón moi grande tiña garras do tamaño de dous espadas xuntas e afiadas como sabres, tiña os dentes afiados como coitelas. Era o dragón máis temido do mundo, pero co tempo Gorak volveuse ambicioso, os dragóns benignos tivéronse que refuxiar nas montañas, Gorak que era un dragón dourado converteuse nun dragón de cor vermella, ousea que era malvado. Pero un día un dragón dourado chamado Güituring decidiu destruilo, voou moito ata chegar o castelo de Gorak. Unha vez alí derribou a porta e entrou no castelo, chegou a sala do trono onde estaba sentado Gorak, entón Güituring e Gorak puxéronse a loitar coa súa maxia, Gorak dende o seu trono e Güituring dende diante da porta. O final Güituring lanzoulle un ataque que o converteu en pedra. Os dragóns benignos decidiron que non querían gobernantes, pero aun se di que o espírito de Gorak mora no castelo.

A HISTORIA DO DRAGÓN QUE TROUXO A ESCRITURA

Esta historia trata dun dragón e de como apareceu a escritura chinesa.

Os chinos adoraban os dragón, pero sobre todo aos lungs unha raza de dragóns que non necesitaba ás para voar, senón que flotaban no aire. Unha vez un home chamado Hu-Mu estaba traballando no seu taller de construir barcos, cando de repente cunha grade explosión un enorme lung apareceu ante él e cunha voz moi forte díxolle a Hu-Mu:

-Ti es o meu elixido.

-Elixido para que?- pregunto Hu-Mu cun pouco de medo.

-Para ensinarlle a todo o mundo o alfabeto.Por certo chámome Marnás- dixo o dragón.

-Eu son Hu-Mu –dixo o constructor.

Entón o dragón fixo aparecer unha gra folla de pergameo cun montón de signos e dixo coa súa voz retumbante:

-Hu-Mu ves este pergameo, aquí está escrito o alfabeto. A túa misión é ensinárllela a todo o mundo.

-Fareino- dixo Hu-Mu.

-Entón voume, adeus Hu-Mu- dixo Marnás.

-Adeus Marnás- dixo Hu-Mu.

E cun estalido o dragón desapareceu. Dende aquel día Hu-Mu ensinoulle a todo o mundo o alfabeto e tempo despois apareceron os libros.

O CORPO DUN DRAGON

Os dragóns teñen un corpo moi forte. A pel é moi forte porque está formada por escamas que son mais fortes ca o metal, gracias a estas escamas as lanzas, espadas ou calquera cousa non penetraba no seu corpo. De defensa usaban as garras que eran moi fortes e grandes, tamén usaban os cornos que eran moi longos, despois usaban tamén os colmillos e a cola ,os colmillos para morder os seus inimigos e a cola para golpealos. Pero o que mais usaban era o lume e o veleno, o lume a activábase nunha glándula produtora de chispa e o veleno activábase nun conducto que o levaba ata un dos colmillos, cando o dragón mordía con ese dente o veleno entraba no corpo do inimigo. Despois estaban os músculos, eran duros como o aceiro, se unha persoa comese un músculo de dragón morrería consumido polas llamas e tamén quedaría cos dentes escachados. Por ultimo está o esqueleto que está formado por 400 osos, o raro e que se di que non se encontran osos de dragón porque desfanse moi rápido. Conta unha antiga lenda que un dragón morreu, pero cando o seu corpo se desfixo e so quedou o esqueleto levantouse e cun ruxido elevouse no aire e chegou ata o deus Kareván que lle dixo que el sería o rei dos dragóns mortos, dende aquel día o dragón conduce os espíritos dos outros dragóns ata un mundo que está no ceo dos dragóns.

as guerras dos dragons hai moito tempo na idade media os

AS GUERRAS DOS DRAGÓNS

Hai moito tempo na Idade Media os guerreiros montaban as veces en dragóns. Levaban unha lanza que ía atada a unha tira de coiro que estaba atada a silla de montar do dragón. Pero escollíanse guerreiros que non tiveran vértigo porque os dragóns fan moitas voltas e esquives, se o dragón cae na batalla cae o guerreiro que va montado nel. Os dragóns levaban unha armadura que os cubría o corpo excepto as ás , a un non se sabe porqué, porque as ás era a parte do corpo que se fería mais, mentres que o resto do corpo non se facía dano. Os dragóns tamén usaban o lume e a maxia nas batallas.

COMO COIDAR UN DRAGÓN

Os dragóns veñen da familia dos réptiles, nacen dun ovo. As nais vótanlle lume os ovos porque teñen que estar quentes. Os embrións tardan 3 anos en nacer, cando o embrión leva 2 anos no cascaron desenrola un corno chamado corno de leite, que o usa para saír mais facilmente do cascaron, cando sae do ovo desfase del. A diferencia entre femia e macho e que o macho ten os cornos mais grandes. As dragoas teñen ovos cada 10 anos. Se queres ter un criadeiro de dragóns pon os ovos no lume, cando nazan os dragóns non lles achegues ningún metal e a un polluelo de dragón debería bastarlle unha granxa con 300 cabezas de ganado.

A MAXIA DOS DRAGÓNS

Os dragóns poden facer maxia, pero dise que son os unicornios quenes entregan a maxia .Pero os dragóns nacen con ese poder,os dragóns malvados utilízana sobre todo para entrar na mente das persoas e utilizalas para conquistar lugares. Oubo unha vez un dragón verde que fixo que un rei elfo volverase case loco, cando o ían rescatar o dragón fixo que todos entraran nun pesadelo. Como moitas veces usaban os dragóns para as guerras a maxia era unha ventaxa.

ONDE VIVEN OS DRAGÓNS

Os dragóns poden vivir no xeo sobre todo os azuis, e uns que non son exactamente dragóns senón familiares deles, son brancos,botan xeo pola boca e son malvados.

Os dragóns tamén poden vivir nas covas dos lugares desertos, sobre todo os vermellos, os negros, e os bronceados e os de cor cobre. Tamén poden vivir na selva, como os verdes. Despois están os prateados, os dourados e os demais dragóns benignos, estes poden vivir en todos lugares.Pero moitos dragóns benignos e malignos gústalles vivir en fortalezas e castelos.