Esta historia trata dun dragón e de como apareceu a escritura chinesa.

Os chinos adoraban os dragón, pero sobre todo aos lungs unha raza de dragóns que non necesitaba ás para voar, senón que flotaban no aire. Unha vez un home chamado Hu-Mu estaba traballando no seu taller de construir barcos, cando de repente cunha grade explosión un enorme lung apareceu ante él e cunha voz moi forte díxolle a Hu-Mu:

-Ti es o meu elixido.

-Elixido para que?- pregunto Hu-Mu cun pouco de medo.

-Para ensinarlle a todo o mundo o alfabeto.Por certo chámome Marnás- dixo o dragón.

-Eu son Hu-Mu –dixo o constructor.

Entón o dragón fixo aparecer unha gra folla de pergameo cun montón de signos e dixo coa súa voz retumbante:

-Hu-Mu ves este pergameo, aquí está escrito o alfabeto. A túa misión é ensinárllela a todo o mundo.

-Fareino- dixo Hu-Mu.

-Entón voume, adeus Hu-Mu- dixo Marnás.

-Adeus Marnás- dixo Hu-Mu.

E cun estalido o dragón desapareceu. Dende aquel día Hu-Mu ensinoulle a todo o mundo o alfabeto e tempo despois apareceron os libros.